Política de postureo do Concello de Pontevedra, políticas favorecedoras das grandes compañias especuladoras como e o caso de Funespaña e Mapfre, sen pensares o máis mínimo nas persoas, na súa saúde e calidade de vida, de saúde ben debería saber Sr.Lores, médico de familia lexos quedou cando fixo da súa profesión a política cun soldo de 64.000€ o ano.
Política de improvisación do BNG en Pontevedra.
O Sr.Lores non será coñecido como o médico de familia que algún día foi, senón como o político profesional de 64.000€ o ano, como o alcalde que permitiu as emisións tóxicas dun crematorio en pleno casco urban de Pontevedra en contra das xentes críticas da Parda e San Mauro, as que lles fallou, como alcalde e como persoa, a nós non nos interesan os premios, o que nos interesa realmente e vivir en paz e con saúde.
Escudase nos premios recibidos tanto polos seus méritos coma dun excelente equipo de comunicación.

Inauguración A-57 a Dereita: Sr.Lores, Ana Pastor, Pilar Rojo (PP) |
Fixo de súa ferramenta a improvisación cás Modificacións Puntuais do PXOM das que se abusa.
Unha cousa temos clara, os que imos pagar esa improvisación contaminante, somos os veciños da Parda e San Mauro, como xa pagaron os veciños dos Praceres ou os da Fracha coa A57, danos colaterais desta política de escaparate, e como non podería ser doutra maneira, nestas políticas da vella escola, sempre lle toca os mesmos, a clase obreira e traballadora, aqueles que prantexamos un proxecto de vida na zona de expansión da cidade o non poder facer fronte os prezos especulativos dun piso no pleno centro de Pontevedra, como non ía a ser doutra maneira.
O BNG en Pontevedra esta moi lexos daquel BNG de cercanía coas xentes, das súas primeiras lexislaturas, que máis dun votamos, engatusados por aquela nova forma de facer política, desdebuxada co paso dos anos mudando cara unha política elitista e clasista, elixindo e manipulando os medios o seu antollo, maquillando calquera escándalo ou erro do executivo, as veces cun premio, cun viaxe, outras cunha reforma urbana ou con calquera outra improvisación, o máis puro estilo da vella política, moitos quitamos a venda dos ollos, cando soubemos as intencións de montarnos un centro comercial funerario, contaminante, dunha multinacional como MAPFRE, a carón dos nosos fogares, nestes anos de loita o señor alcalde non se dignou nin tan sequera en recibirnos ou escoitarnos.
Cinismo en Ourense o BNG pediu no Parlamento de Galicia 500 metros como mínimo de separación para os veciños dun crematorio e aquí o regulan a 50 metros, coidan que Ence contamina, pero para o noso alcalde un crematorio non? os vehículos contaminan pero desvían o tráfico do centro e o mandan cara A Parda, triplicándose o tráfico no noso barrio para máis Inri.
Como sabedes o noso alcalde Sr. Lores foi invitado o pasado 4 de decembro a París pola súa alcaldesa a unha das sesións da conferencia de Nacións unidas co gallo do cambio climático no cumio sobre o clima para lideres locais.

Crematorio Père Lachaise |
Fixémoslle unha encomenda o noso alcalde, para que lle trasladase a gaditana Sra. Anne Hidalgo, alcaldesa de París, que consistía en:
Que lle preguntara polo sistema de filtrase do crematorio, do mundialmente coñecido cemiterio Père Lachaise, da súa cidade, París.
Cun sistema de filtrase valorado en 3 millóns de euros, e tamén de porque van ser obrigatorios estes sistemas en todos os crematorios, en Francia no 2018.
Será porque os crematorios son prexudiciais para a saúde e o país veciño vai tomar medidas?
Será tamén porque as cremacións danan o medio ambiente o mesmo que os vehículos ou Ence como di vostede?
Será porque emiten gases daniños como o monóxido de carbono, azufre, ou o mercurio altamente contaminante? (Estimase que o 4% das emisións de mercurio a atmosfera da Unión Europea proveñen dos crematorios).

Quedámonos coas súas palabras antes de partires para París:
«É un orgullo para a cidade recibir unha invitación destas
personalidades para participar nun evento internacional pola mellora das condicións de vida» Sr. Lores.
Está ben mellorar as condicións de vida mundial, cando na túa casa cos
teus veciños, estalas anular, un aplauso para o modelo de cidade e para o noso
benquerido alcalde.
Non se preocupe xa nos acordaremos da súa política os veciños da Parda cando abramos tódolos
días nosas fiestra e cheiremos a súa mortecina política.
No hay comentarios:
Publicar un comentario