Siguenos en FacebookSíguenos en TwitterSiguenos en YouTubeEscribe a nuestro correo

miércoles, 2 de abril de 2014

El Alcalde Sr.Lores nos niega la palabra

Pois o pasado luns día 31 de Marzo presentámonos no pleno do Concello, para poder leer un manifiesto os diferentes grupos políticos que conforman o Concello de Pontevedra, e facernos escoitar, previa solicitude presentada en tempo e forma no rexistro e con todos os formalismos que conleva dita solicitud, cal e nosa sorpresa que o Alcalde o Sr. Lores presidente do Pleno, insolitamente deneganos a palabra, e decimos insolitamente, porque creemos que nos seus diferentes mandatos e a primeira vez que se denega, donde esta a democracia, donde esta a voz do pobo, donde, díganolo Sr. Alcalde, e increible e indignate que un alcalde poida negar a palabra educada e razonable os seus cidadans e sobre todo non dar unha explicación algunha de tal negativa.


Temos que dar as grazas o portavoz da oposición do PP o Sr. Jacobo Moreira, que tivo a ben leer o manifesto que levábamos, ademaís de recoñecer publicamente que se equivocou no 2009 cando votou a favor do plan, e nos pediu disculpas por elo, cousa máis que loable vindo da boca dun político  sobre todo nos tempos que corren.

O manifesto que se leu foi o seguinte: 



Grazas Sr. Alcalde. Grazas tamén a quen escoita o que a Plataforma Crematorios non en Pontevedra Leste ten que dicir neste Pleno.

1º Os crematorios contaminan. E contaminan moito. Tamén as cinzas contaminan. Estas afirmacións veñen apoiadas pola literatura científica que estamos certos de aportar.

2º Non parece razoable nin responsable por en dúbida artigos científicos ou declaracións de institucións Europeas ou Internacionais. Os crematorios contaminan. E iso estase agochándoselle a cidadanía con declaracións de opinión sen ningún soporte de feitos ou datos.

De feito constan as emisions dos crematories no “EMEP/EEA air pollutant emission inventory guidebook 2013. Technical guidance to prepare national emission inventories”, consta na Directiva Europea 97/11/CE del Consejo Anexo II, 11b. O arquitecto Xefe municipal cita: “el Decreto 133/2008 de 12 de junio, por el que se regula la evaluación de incidencia ambiental, recoge dentro de su Anexo I grupo 2 de actividades que se sujetan al referido trámite ambiental, la relativa a hornos crematorios, hospitales y cementerios bajo el epígrafe 2.12.4, por ser contaminadoras de la atmósfera, al estar incluidas en el grupo B del Anexo IV de la ley 34/2007, de 15 de noviembre, de la Calidad del Aire y protección de la atmósfera, modificada por el real decreto 100/2011, de 28 de enero por el que se actualiza el catálogo de actividades potencialmente contaminadoras de la atmósfera y se establecen las disposiciones básicas para su aplicación. El mencionado RD 100/2011, cataloga expresamente la actividad de cremación y en concreto la incineración de cadáveres humanos o restos de exhumación, bajo el código 09 09 01 02 como potencialmente contaminadora de la atmósfera.”

A ley 34/2007, de 15 de noviembre no seu artigo 3.a define: “Actividades Potencialmente Contaminadoras de las atmósfera: son aquellas que por su propia naturaleza, ubicación o por los procesos tecnológicos utilizados constituyan una fuente de contaminación cuyas características pueden requerir que sean sometidas a un régimen de control más estricto”
A ubicación nun barrio de 15.000 habitantes é un erro e vai contra a saúde das persoas, na realidade e na lexislación aplicable tanto Estatal como Europea.

No Expediente do Crematorio que se quere beneficiar coa modificación puntual do PXOU non aparecen os seguintes datos: O folleto do fabricante do forno dí que os datos que amosa fixéronse cunha carga orgánica de 65 kilogramos, e o resultado deulle baixa contaminación e ninguna provocada polo mercurio nas súas diferentes composición. Desgraciadamente a publicidade do forno crematorio choca de fronte cos estudos da Axencia Escocesa do Medio Ambiente que está preocupada porque o único sector industrial que incrementa o mercurio é…O DOS CREMATORIOS. Máis importante se cabe, o informe da Comisión OSPAR Sobre a Evaluación de seguimento das recomendacións OSPAR 2003/2004 sobre o control da dispersión do mercurio dos crematorios. A Convención OSPAR foi asinada polo Estado Español e comprométese a controlar o mercurio que cae no mar e contamina pesquerías coma o do tiburón, o peixe espada, o atún. Tamén no documento EXPOSURE TO MERCURY: A MAJOR PUBLIC HEALTH CONCERN faise especial mención a cremación cadavérica da Organización Mundial da Saúde.

O profesor Carlos Martín Cantarino da Universidade de Alicante do departamento de Ciencias do Mar e Bioloxía aplicada afirma: “La cuestión esencial es que, según estudios recientes de especialistas en salud pública, es decir, según nuestro actual nivel de conocimiento, de ninguna forma son descartables efectos negativos sobre la población de este tipo de emisiones (Knox & William, 1997; Dummer y col. 2003). En concreto, Dumer y col. 2003 subrayan que sería necesario analizar en profundidad el impacto de los crematorios en patologías graves sobre la población, en particular sobre grupos sensibles como los niños”.

Segundo a Directiva 97/11/CE del Consejo Apartado 2 “Considerando que con arreglo a lo dispuesto en el apartado 2 del artículo 130 R la política de la comunidad en el ámbito del medio ambiente se basa en los principios de CAUTELA Y ACCIÓN PREVENTIVA, EN EL PRINCIPIO DE CORRECCIÓN DE LOS ATENTADOS AL MEDIO AMBIENTE, PREFERENTEMENTE EN LA FUENTE MISMA, Y EL PRINCIPIO DE QUIEN CONTAMINA PAGA.

Estes principios están traspostos a lexislación estatal e autonómica.
Non queremos os crematorios a 50 metros das nosas casas e sí os 500 metros comprometidos, os
crematorios como actividade industrial que é pode disponerse nos 220.000 m2 do polígono industrial do Campiño, con tódalas cautelas e periódicas revisións das emisión e da calidade do aire circundante. É o xusto.

A cidade tería un servizo que lle fai falla e nós a tranquilidade do barrio donde sen duda quedan temas medioambientais a mellorar.

O Sr. Louro se lle solicita que pese a estar inmersos no procedemento administrativo das alegacións, este problema non é entre o Concello e os Veciños de Pontevedra Leste. Hai moitos máis actores implicados como son ás diferentes empresas. Precisaríase o concurso dun Mediador Comunitario Profesional que axudase a un entendemento entre ás partes para solucionar o conflicto. Repetímolo si fai falla falamos de unha Mediación Comunitaria Multiparte.
As declaracións feitas últimamente sobre a responsabilidade que a Xunta ten coa redación e presentación de un novo Decreto de Policia Sanitaria Mortuoria, non ocultan a súa e a do seu grupo en atender os criterios medioambientais de ámbito estatal e europeo que son aplicables. Tanto máis cando a saúde da veciñanza está en risco.

Faltou cautela y non hai vontade política de ación preventiva.
Sendo o Alcalde Médico e o Tte. De Alcalde Químico un pouco máis de rigor e de información a cidadanía sería esixible.

 
Onte día 2 de Abril mantivemos unha reunión co PP de Pontevedra co Sr.Jacobo Moreira e o Sr. César Abal por unha banda para agradeceres a su colaboración na lectura no pleno e por outra para manter unha via de comunicación necesaría na resolución do noso conflicto e trasladarlle que nos mantivera informados dos pasos de actuación por parte do Concello e da Xunta.



RECORDADE!!

TRASLADAMOS AS NOSA CONCENTRACIÓN DO BARRIO dos XOVES cara o Venres:


CONCENTRACIÓN
TODOS OS VENRES  20:30H 
 ROTONDA XOAN CARLOS I


ASAMBLEAS PARTICIPATIVAS
 PARA TODOS OS VECIÑOS
TODOS OS LUNS AS 20:45H 
NO CENTRO LESTE

PRENSA

No hay comentarios:

Publicar un comentario