Siguenos en FacebookSíguenos en TwitterSiguenos en YouTubeEscribe a nuestro correo

martes, 19 de marzo de 2019

OUTRA BATALLA GAÑADA, a Guerra continua ......

O pleno do Concello de Pontevedra aprobou por unanimidade, a proposición presentada por Marea Pontevedra.

1ª  Acadar un acordó para subsanar as deficiencias do PXOM vixente do 1989, que no seu caso sería o sometemento do mesmo a Avaliación Ambiental Estratéxica. 

2ª Sentarse coa veciñanza que leva anos saíndo a rúa até catro veces o mes para negociar un acordó que protexa a saúde das habitantes do barrio residencial Leste (Santo Amaro-A Parda) afastando o devandito crematorio.
Incluíndo neste apartado 2ª a aclaración que fixo o Concelleiro César Abal do Partido Popular, que no mencionado apartado fixésese constar que os crematorios irán en todo caso a unha distancia de 500 metros do calquera vivenda, que pediámolo e pedimos os veciños de San Amaro-A Parda.

Dende esta plataforma damos as gracias a toda a corporación en especial a impulsora, Marea Pontevedra e as demáis que votarón a favor desta proposta, temos que dicir tamen que non baixaremos a guarda e estaremos atentos a calquer movemento por parte de Concello que non conte coa nosa presenza, advertimos; gañamos unha batalla moi importante pero non a Guerra. 


 

sábado, 26 de enero de 2019

NOSA POSTURA A DESESTIMACIÓN DO TRIBUNAL SUPREMO


Esta Plataforma quere trasladar a súa postura a propósito do do novo revés do Concello de Pontevedra contra a sentenza que deixou sen efecto a modificación puntual do PXOM aprobada no 2014. 

Á sentenza a favor das teses da Plataforma e anuladora da Regulamentación de crematorios a 50 metros do TSXG engádese a inadmisión a trámite polo Tribunal Supremo do estado do recurso de casación do Concello de Pontevedra. O Concello tamén é sentenciado ó pagamento das costas dos dous procedementos xudiciais.

Como é ben sabido, aquela norma municipal, establecía unha franxa mínima de 50 metros con respecto ás vivendas coa finalidade de evitar a posibilidade de que se construísen crematorios no ámbito urbano.

Si ben é certo que esta plataforma non se sinte en ningún dos casos gañadora, que quede moi claro que se viu abocada a denunciar o Concello de Pontevedra e a Xunta de Galicia, ante a pasividade deste Concello en buscar unha solución para a globalidade  dos veciños de Pontevedra, e non so para unha parte.

A Plataforma ante tal discriminación dos seus dereitos a saúde e a un ambiente saudable, que deixaba de lado claramente os veciños de Pontevedra Leste, obrigándoos a aturar unha actividade catalogada como molesta, insalubre, nociva e perigosa,  a menos de 140 metros das súas casas.

Preguntamos o Concello; ¿cal é a diferencia entre un veciño do Leste de Pontevedra con un veciño de Poio ou do centro de Pontevedra?.

O Concello de Pontevedra queda en evidencia pola súa mala xestión neste senso;
Primeiramente cando se lles ocorre no 2008 a idea de permitir un crematorio a escasos metros dunha urbanización con 15.000 habitantes, centro de saúde, colexios, gardarías, parques infantís, sen consultar os veciños.
Máis tarde paralizando as licenzas a tódolos crematorios.
Facendo unha modificación puntual do PXOM Ad hoc, en beneficio do proxecto da Parda en detrimento dos outros proxectos.
A falta dun PXOM actualizado que permita a ordenación urbana. 

Isto ten que servirlle o Concello para que medite, e propoña, unha nova normativa máis restritiva e xusta, onde ningún veciño da cidade, independentemente da situación da súa vivenda, vésase prexudicado por unha actividade molesta e insalubre.

É cando menos sorprendente, a reacción do Concello ante os reveses xurídicos e económicos sufridos, culpabilizando a veciñanza e a esta Plataforma.

Os representantes do Concello fan dúas afirmacións falsas, que son a lei do revés:

1.       Agora calquera pode poñer un crematorio en calquera lugar da cidade.
Falso, o procedemento de concesión de licenzas non é automático, máxime cando as cautelas medioambientais recollidas na sentenza do TSXG son evidentes.
E máis cando a anulación do Regulamento baséase en parte no nulo interese pola saúde da veciñanza.
2.       Os veciños da Plataforma acadaron o contrario do que propoñían. Pedían máis metros de faixa de seguridade (500 mts) no canto dos 50 metros que reflictia o Concello no Regulamento.
Falso, os veciños sabían que o Regulamento foi unha quimera xurídica para favorecer a un crematorio en concreto en detrimento dos veciños do lugar.
Son o TSXG e o TS as institucións -non persoas individuais- as que condenan o Concello de Pontevedra, polo seu mal facer.

Miguel Anxo Lores, alcalde de tódolos pontevedreses, dixo fai tempo nos medios. “O tema dos crematorios xa está moi manido”.
NON, estivo dende o primeiro minuto, mal xestionado polo grupo de goberno do BNG de Lores, deixando de lado os veciños, en todo momento.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Estas son as desfortunadas declaracións do Portavoz e Concelleiro do Concello de Pontevedra Raimundo González culpabilizando os veciños da mala xestión do seu Concello, cando son solo eles os culpables coa sua improvisada solución de crematorios a 50 metros, cabe sinalar o tono utilizado despreciando a única solución que lles deixaron os veciños de San Mauro a Parda, que foi denunciar a xustiza suas chapuzas.



Esta é a resposta dun dos voceiros José Antonio Rodríguez da Plataforma ante as declaracións vertidas.

EL TRIBUNAL SUPREMO NOS SIGUE DANDO LA RAZÓN

En esta ocasión el;

TRIBUNAL SUPREMO
sala de lo contencioso-administrativo (Sec.1ª) 

DESESTIMA
 presentado por el Concello de Pontevedra.

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Que dejaba sin efecto:

La orden de 26 de diciembre de 2014 (DOG  04/02/2015)
Concello de Pontevedra
De modificación puntual del Plan General de Ordenación Urbana 

Esta ordén permitiría la construcción de CREMATORIOS
a tan solo 50 metros de las viviendas



Concello de Pontevedra y Xunta de Galicia 
deberán pagar costas 
a esta Plataforma de ambos procesos.


Estas son as desfortunadas declaracións do Portavoz e Concelleiro do Concello de Pontevedra Raimundo González culpabilizando os veciños da mala xestión do seu Concello, cando son solo eles os culpables coa sua improvisada solución de crematorios a 50 metros, cabe sinalar o tono utilizado despreciando a única solución que lles deixaron os veciños de San Mauro a Parda, que foi denunciar a xustiza suas chapuzas.



Esta é a resposta dun dos voceiros José Antonio Rodríguez da Plataforma ante as declaracións vertidas.