Siguenos en FacebookSíguenos en TwitterSiguenos en YouTubeEscribe a nuestro correo

jueves, 1 de mayo de 2014

Burlas e pases de peito


O día 28 de Abril os membros desta Plataforma asistimos o pleno do Concello de Pontevedra.
Éramos coñecedores de que o grupo Popular ía facer unha pregunta sobre as declaracións a prensa do Sr. Mosquera (moi seguro das súas palabras) e do Sr. Louro (menos categórico). As declaracións recollidas e colgadas na web de Radio Pontevedra viñan a casi asegurar no caso do Sr. Mosquera, e creer no caso do Tenente de Alcalde de que o crematorio-tanatorio de Funespaña, non tiña probabilidades de ir a diante.
De ser construido. Falaban dos problemas de Mapfre a accionista maioritaria de Funespaña, e do seu desexo de desinvestir os cartos xa investidos crematorio previsto para San Amaro. O señor Mosquera nun anterior pleno chegou a decir que “ó millor habería sorte e non se chegaría a facer”.

A nosa sorpresa chegou cando o desaparecido no pleno o Sr. Mosquera (por asuntos persoais) o grupo Popular fixo a pregunta primeiro ó Alcalde Sr. Lores  

¿Por qué no son recibidos os veciños por Vd?  
Resposta do rexedor: non é a miña competencia, ademáis  existe unha persoa competente neses temas que é o responsable de urbanismo (Sr. Louro), polo tanto dese tema non teño coñecemento. Infelizmente o Sr. Lores sí votou a favor da proposta do Sr. Louro de modificación puntual do PXOM para dar vida o proxecto de Funespaña. Ou votou sin coñecemento e convírtese en un irresponsable ou sí coñecía do caso e onte foi máis cínico do que adoita ser. Tamén afirmou que non se reunira cos responsables da empresa porque non é o seu cometido.

Pero para falar desta materia dos crematorios nos medios si é competente?


O do Sr. Louro merece tratamento aparte: interpelado pola oposición, fixo encaixe de bolillos que sen dúbida aprendeu o fin de semán, para dicir que él nunca afirmara tal cousa, que non tiña coñecemento das intencións da empresa Funespaña, e que ¡¡¡nin  falara cos seus responsables!!! 

Non por iso deixou de intentar un chisco de ollo indignante á representación da Plataforma nas bancadas do pleno no Principal: 
«Sufro e padezo do mesmo xeito que algunha xente que nos acompaña» (dito esto sinalando ós afectados). Xa vai con tres voltas que o Sr. Louro pide comprensión e afecto a xente que está a sufrir pola ameaza a súa saúde e propiedades. O final dí “que tiña intuicións que lle facían pensar en que a empresa perdera interés no proxecto”. recordemos as declaracions, de que este sr. non quería o crematorio a portas da sua casa pero na de 15.000 persoas sí.


Falta ó respeto á cidadania.

RESUMINDO.

Mosquera, desaparece sendo o principal difusor do globo sonda. 

O Alcalde-Presidente ademáis de amosar o seu aburrimento con múltiples contorsións para coller o xeito NON SABE, NON TEN QUE SABER, E NON FALOU COA EMPRESA NIN COS AFECTADOS.

O Sr. Louro está moi sentido por todos nós, pero ás súas declaracions son producto dunha intución fora do común. Pero nin se reuniu nin moito menos negociou coa empresa.

O resultado de tanta irresponsabilidade e deixación dos seus deberes:

1º. O Concello non ten vontade de negociar con Funespaña. Nin sequera de falar. Que se pudra o problema e que saia o sol por Antequera.

2º. Nin os cidadáns afectados temos información do que o fin queren facer a 50 metros das nosas casas, e as persoas pero ninguén do grupo de goberno ten impulso político para preguntalo e traer información fiable.

3º. Así da a impresión de que goberna calquera. Yo no fui, esto no es mi competencia, el otro se marcha por asuntos personales...cheiro a desleixe de fin de ciclo.

4º. A plataforma non lle concede o menor crédito as declaracións evasivas dos seus representantes políticos no equipo de goberno. As súas declaracións e actos son cada vez máis opacos e faltos de rigor.

5º. Norma da información: si tes información, contrástaa. Si tes unha intuición solipsista, no na soltes a prensa. Pódese perxudicar a moitas persoas.

6º Está claro que a Plataforma seguirá coas súas actuacións incrementando a súa intensidade en movilización e recabando recursos para cando estoupe a desfeita provocada polo equipo de desgoberno.

7º Nos queremos os 500 metros de distancia entre calquer forno crematorio e ás nosas casas e familias. Iso foi o prometido e iso é o que nos vai mover.

8º Repetimos até a fartura: non estamos en contra dos crematorios, estamos en contra dos crematorios o carón das vivendas. Non é difícil de entender. Tampouco temos teima contra os empresarios do sector sempre que cumplan escrupulosamente as leis de emisións.

#APardaResiste


CONCENTRACIÓN OS VENRES 
  20:45H 
 ROTONDA XOAN CARLOS I


ASAMBLEAS PARTICIPATIVAS
 PARA TODOS OS VECIÑOS
OS LUNS 
20:45H 
NO CENTRO LESTE
 

IREMOS ANUNCIANDO OS NOSOS MOVEMENTOS NESTE BLOG E NAS REDES SOCIAIS.

1 comentario:

  1. En efecto, el papel de las autoridades locales, autonómicas o judiciales parece ser el de espectadores y facilitadores de licencias. Las empresas deciden dónde y cuánto contaminan y los mecanismos de control parecen más un paripé que otra cosa. Los riesgos para la salus pasan a segundo plano porque el negocio es bueno y las perspectivas de beneficio crecientes. De nuevo asistimos al papelón de los gobernantes de PPSOE que se alternan el rol de defensor de los vecinos y el de paladines de la legalidad haciendo ver que no se puede parar legalmente lo que el sentido común dice que es una aberración. No dejéis de poner de manifiesto las contradicciones de los políticos con competencias que se niegan a actuar ni la avaricia de las empresas que presumen de responsabilidad social empresarial pero que no ven personas sino futuros "usuarios" que pasarán por caja.

    ResponderEliminar