“Eu non o sei, vostede saberá”
Esta foi a sorprendente resposta do alcalde do Concello de Pontevedra Sr. Miguel Anxo Fernández Lores no espazo radiofónico “La Opinión” de la Cadena SER Radio Pontevedra, este pasado luns 17 de Marzo a un veciño de San Amaro. O tema a construcción de dous crematorios no barrio onde viven 15.000 habitantes. O veciño díxolle ó responsable do equipo de goberno “los crematorios contaminan, ¿sabe?, son perxudiciais para a saude”
Ademáis o 14/11/14 no mismo programa de radio, sostiña que non eran nocivos para a saude, tamen decia que el non sabia de ningún caso de conflicto cos crematorios cando hay centos de casos donde os veciños moitas veces están anos en conflicto, con protestas e incluso con litixios por toda a xeografía española e máis no extranxeiro, que neste blogue comentamos, ademáis sosten que non conoce ningún informe técnico donde digan que son perxudiciais pois tamen neste blogue evidenciamos que non e así.
Sr. Alcalde...así que o animamos para que se informe un pouco.
Nin lle estaba a preguntar xurisprudencia ambiental, nin por qué razón non se fixo a Avaliación Ambiental pertinente, ou por qué se lle solicitou a Xunta de Galicia un permiso, para aplicar a Incidencia Ambiental que é moito máis permisiva ca contaminación.
Tampouco si coñecía as Directivas Europeas de Emisións.
Inda que ben pensado, tanto tempo recollendo premios no extranxeiro impediralle ocuparse das cousas de menor importancia.
Imos por partes para deslindar as responsabilidades de cada quen:
1º O señor Lores, alcalde da Cidade de Pontevedra ten a obriga de contestar a cidadanía.
Por iso é o alcalde e tamén por iso cobra dos impostos da cidadanía.
2º O veciño non debera ter que saber máis de contaminación de crematorios que o Alcalde que votou a man alzada a modificación puntual do PXOU, que permite esta industria a 50 metros dos veciños.
3º O señor Lores é médico de formación. Sería esixible que o que non sabe por alcalde, poiderao saber coma médico. Non parece.
4º Claro que o señor Lores, o noso alcalde, tampouco coñece o documento redactado polo arquitecto do Concello de Pontevedra, Jefe de Servicio, Sr. Carlos García Velasco en maio do 2013 pasado.
Na páxina doce do devandito informe do Excmo. Concello de Pontevedra, no seu último párrafo dise:
“El Decreto 133/2008, de 12 de junio, por el que se regula la evaluación de incidencia ambiental, recoge dentro de su Anexo I grupo 2 de actividades que se sujetan al referido trámite ambiental, la relativa a los hornos crematorios, hospitales y cementerios bajo el epígrafe 2,12,4, por ser contaminadoras de la atmósfera, al estar incluidas en el grupo B del Anexo IV de la Ley 34/2007, de 15 de noviembre, de Calidad del Aire y protección de la Atmósfera, modificada por el Real Decreto 100/2011, de 28 de enero, por el que se actualiza el catálogo de actividades potencialmente contaminadoras de la atmósfera y se establecen las disposiciones básicas para su aplicación. El mencionado RD 100/2011, cataloga expresamente la actividad de cremación y en concreto la incineración de cadáveres humanos o restos de exhumación, bajo el código 09 09 01 02 como potencialmente contaminadora de la atmósfera”
Pois vai a ser que sí contamina, e o informe do Concello de Pontevedra firmado por un técnico cualificado de urbanismo o recoñece. Ben é certo que despois se lle bota auga ó viño para decir que isto “no significa ninguna alteración valorable a efectos medioambientales (...)” Isto hai que creelo por fé, pois os datos neste documento e no proxecto presentado son escasos e vagos.
Polo tanto o que teña a tentación de dicir que os crematorios non contaminan está faltando a verdade o sofre unha lamentable poza de ignorancia.
Outra cousa é que os Srs. Lores e Louro ou Louro e Lores no no poñan no centro da cidade e sí no barrio de San Amaro-A Parda, por gusto estético non porque contaminen.
A Plataforma Crematorios Non en Pontevedra Leste ( A Parda-San Amaro) non está en contra nin da cremación nin dos crematorios. A cidade necesita ese servizo. Xa sabemos iso dende o principio. O que non queremos é que os poñan a 50 metros o carón das nosas casas e sí nun polígono industrial.
Ofrecemos a estes dous próceres capitalinos a posibilidade do polígono industrial, e tamén a posibilidade de someter o caso a un mediador profesional para tecer un acordo integrativo.
Preguntouselle o Sr. Louro por esta posibilidade de un mediador profesional para que medie entre empresa e Concello, e a sua resposta foi do máis inverosimil: “O Concello ten técnicos suficientes(¿?)”.
Non me berres que non te vexo.
RECORDA!!
TRASLADAMOS AS NOSA CONCENTRACIÓN DO BARRIO dos XOVES cara o Venres:
CONCENTRACIÓN
TODOS OS VENRES 20:30H
ROTONDA XOAN CARLOS I
TODOS OS VENRES 20:30H
ROTONDA XOAN CARLOS I
ASAMBLEAS PARTICIPATIVAS
PARA TODOS OS VECIÑOS
PARA TODOS OS VECIÑOS
TODOS OS LUNS AS 20:45H
NO CENTRO LESTE
NO CENTRO LESTE
No hay comentarios:
Publicar un comentario