Siguenos en FacebookSíguenos en TwitterSiguenos en YouTubeEscribe a nuestro correo

jueves, 6 de noviembre de 2014

Das incongruencias do Sr.Agustín Fernández e o PSOE de Pontevedra



Denunciamos o tratamento que o Psoe de Pontevedra e  o Concello de Pontevedra estanlle dando o conflito suscitado pola localización dunha planta de compost, tendo gran similitude coa localización dun crematorio no noso barrio, indignación e o que sentimos o escoitar as palabras do concelleiro Agustín Fernández, o defender o que se nos nega a nos en multitude de ocasiones, pasamos a cuestionar algunhas das súas manifestacións en prensa, insultantes e irrespectuosas cos veciños da zona Leste de Pontevedra.

<<Nosotros creemos que hay que aplicar el sentido común. Y el sentido común dice que una planta de compost es una actividad industrial, por lo que su ubicación idónea es un polígono industrial», diciendo que estan dispuestos a estudiar su apoyo a una instalación de este tipo, siempre que la Xunta se implique y se busque la ubicación más adecuada desde el punto de vista técnico y ambiental.
En este sentido, afirman que la mejor ubicación sería, en todo caso, un polígono industrial, y solicitó a sus socios de gobierno, que se consulte a los ciudadanos sobre este asunto, incluyendo la postura de cada partido en el programa electoral, aparcando el tema hasta después de las próximas elecciones municipales.>>

Si para o Sr. Fernández, Sr. Louro e por extensión o  PSOE de Pontevedra, apelando o sentido común, como din eles, unha planta de compost e una actividade industrial, nos temos que dicir con rotundidade aplastante que un Forno Crematorio e tamén unha actividade industrial, e non o dicimos nos, dínolo a administración, xa que ambas actividades encóntranse catalogadas especificamente como:

Actividades industriais do tipo B
dentro do catálogo de actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera (CAPCA) atendendo o artigo 3 da Lei 34/2007 e o RD 100/2011.

O biólogo José Francisco Bonilla   (especialista en avaliación ambiental)

INFORME sobre os riscos dos crematorios para a saúde (Margarita Trunk :: Profesora de Saúde pública da Universidade de Compostela)

Ademáis solicita que lle consulte os cidadáns que se vexan afectados, indo máis alá falando de incluílo no programa electoral.

Nos preguntámoslle:
 ¿Quen lle preguntou os veciños de San Mauro-La Parda, se querían un crematorio?
¿Onde se nos deu a oportunidade de poder votar esta cuestión a través de un programa electoral?

<<"É un tema que afectará aos veciños durante varias xeracións e merece una reflexión sosegada e seria", el PSOE apuesta por el reciclaje y fórmulas de gestión alternativas en materia de residuos, "pero non aceptaremos fórmulas baseadas na insensatez". Entende que esta planta levaría a destrución de seis hectáreas de monte comunal para instalar un "vertedoiro" de basura orgánica.
Esta situación, dixo, está xerando "oposición" entre los veciños del rural.
O protocolo firmado en maio entre o alcalde e o presidente da Deputación «es malo para la ciudad y no hace sino generar alarma social gratuita» entre los vecinos de las parroquias del rural.>>

A instalación dunha actividade industrial como un crematorio  ¿non afectará a zona de San Mauro-A Parda durante xeracións?, acaso os veciños da zona Leste de Pontevedra, non merecemos unha reflexión sosegada e seria?, ¿non levaría a instalación dun forno industrial a destrución da única zona de expansión da cidade de Pontevedra?.

Fala tamén de oposición entre os veciños e que pasa cos habitantes do noso barrio, acaso ¿non contamos? Non conta para eles a oposición que levamos mostrada dende fai anos con respecto da localización dos crematorios.

Moitas preguntas que son contestadas claramente con esta actitude que está a mostrar o Psoe de Pontevedra e por ende o Concello de Pontevedra,  

¿Que nos distingue dos veciños do rural ou do centro de Pontevedra? 

A preserva do medioambiente e igual para todos, aquí nin houbo reflexión, nin opinión dos veciños, o proxecto foi imposto na Parda por imperativo, sen consenso veciñal, pero para unha planta de compost búscanse terreos idóneos, onde non moleste, ata catro alternativas pon riba da mesa o Concello, xa está ben de tomarlle o pelo os veciños da Parda-San Mauro.

Nos seguiremos ata onde faga falta, coas nosas mobilizacións, accions e todo o que faga falta, denunciando a inxustiza de hipotecar o chan de San Mauro A Parda cun forno crematorio contaminante, durante xeracións,  deixamos alguns exemplos do bo funcionamento de estas industrias.