O día 28 de Abril os membros desta Plataforma asistimos o pleno do Concello de Pontevedra.
Éramos coñecedores de que o grupo Popular ía facer unha pregunta sobre as declaracións a prensa do Sr. Mosquera (moi seguro das súas palabras) e do Sr. Louro (menos categórico). As declaracións recollidas e colgadas na web de Radio Pontevedra viñan a casi asegurar no caso do Sr. Mosquera, e creer no caso do Tenente de Alcalde de que o crematorio-tanatorio de Funespaña, non tiña probabilidades de ir a diante.
De ser construido. Falaban dos problemas de Mapfre a accionista maioritaria de Funespaña, e do seu desexo de desinvestir os cartos xa investidos crematorio previsto para San Amaro. O señor Mosquera nun anterior pleno chegou a decir que “ó millor habería sorte e non se chegaría a facer”.
A nosa sorpresa chegou cando o desaparecido no pleno o Sr. Mosquera (por asuntos persoais) o grupo Popular fixo a pregunta primeiro ó Alcalde Sr. Lores
¿Por qué no son recibidos os veciños por Vd?
Resposta do rexedor: non é a miña competencia, ademáis existe unha persoa competente neses temas que é o responsable de urbanismo (Sr. Louro), polo tanto dese tema non teño coñecemento. Infelizmente o Sr. Lores sí votou a favor da proposta do Sr. Louro de modificación puntual do PXOM para dar vida o proxecto de Funespaña. Ou votou sin coñecemento e convírtese en un irresponsable ou sí coñecía do caso e onte foi máis cínico do que adoita ser. Tamén afirmou que non se reunira cos responsables da empresa porque non é o seu cometido.
Pero para falar desta materia dos crematorios nos medios si é competente?
Pero para falar desta materia dos crematorios nos medios si é competente?
O do Sr. Louro merece tratamento aparte: interpelado pola oposición, fixo encaixe de bolillos que sen dúbida aprendeu o fin de semán, para dicir que él nunca afirmara tal cousa, que non tiña coñecemento das intencións da empresa Funespaña, e que ¡¡¡nin falara cos seus responsables!!!
Non por iso deixou de intentar un chisco de ollo indignante á representación da Plataforma nas bancadas do pleno no Principal:
«Sufro e padezo do mesmo xeito que algunha xente que nos acompaña» (dito esto sinalando ós afectados). Xa vai con tres voltas que o Sr. Louro pide comprensión e afecto a xente que está a sufrir pola ameaza a súa saúde e propiedades. O final dí “que tiña intuicións que lle facían pensar en que a empresa perdera interés no proxecto”. recordemos as declaracions, de que este sr. non quería o crematorio a portas da sua casa pero na de 15.000 persoas sí.
Falta ó respeto á cidadania.
RESUMINDO.
Mosquera, desaparece sendo o principal difusor do globo sonda.
O Alcalde-Presidente ademáis de amosar o seu aburrimento con múltiples contorsións para coller o xeito NON SABE, NON TEN QUE SABER, E NON FALOU COA EMPRESA NIN COS AFECTADOS.
O Sr. Louro está moi sentido por todos nós, pero ás súas declaracions son producto dunha intución fora do común. Pero nin se reuniu nin moito menos negociou coa empresa.
O resultado de tanta irresponsabilidade e deixación dos seus deberes:
1º. O Concello non ten vontade de negociar con Funespaña. Nin sequera de falar. Que se pudra o problema e que saia o sol por Antequera.
2º. Nin os cidadáns afectados temos información do que o fin queren facer a 50 metros das nosas casas, e as persoas pero ninguén do grupo de goberno ten impulso político para preguntalo e traer información fiable.
3º. Así da a impresión de que goberna calquera. Yo no fui, esto no es mi competencia, el otro se marcha por asuntos personales...cheiro a desleixe de fin de ciclo.
4º. A plataforma non lle concede o menor crédito as declaracións evasivas dos seus representantes políticos no equipo de goberno. As súas declaracións e actos son cada vez máis opacos e faltos de rigor.
5º. Norma da información: si tes información, contrástaa. Si tes unha intuición solipsista, no na soltes a prensa. Pódese perxudicar a moitas persoas.
6º Está claro que a Plataforma seguirá coas súas actuacións incrementando a súa intensidade en movilización e recabando recursos para cando estoupe a desfeita provocada polo equipo de desgoberno.
7º Nos queremos os 500 metros de distancia entre calquer forno crematorio e ás nosas casas e familias. Iso foi o prometido e iso é o que nos vai mover.
8º Repetimos até a fartura: non estamos en contra dos crematorios, estamos en contra dos crematorios o carón das vivendas. Non é difícil de entender. Tampouco temos teima contra os empresarios do sector sempre que cumplan escrupulosamente as leis de emisións.
#APardaResiste
CONCENTRACIÓN OS VENRES
20:45H
ROTONDA XOAN CARLOS I
ROTONDA XOAN CARLOS I
ASAMBLEAS PARTICIPATIVAS
PARA TODOS OS VECIÑOS
PARA TODOS OS VECIÑOS
OS LUNS
20:45H
NO CENTRO LESTE
NO CENTRO LESTE
IREMOS ANUNCIANDO OS NOSOS MOVEMENTOS NESTE BLOG E NAS REDES SOCIAIS.